<p><i>Transistor</i> é unha app minimalista, que pode non gustar a todo o mundo. Non inclúe unha ferramenta de descubrimento de emisoras. <i>Transistor</i> só ofrece unha opción moi simple de busca e importa ligazóns de fluxos de audio ao premer neles nun navegador web.</p><p><br><b>PREGUNTAS FRECUENTES</b></p><dl><dt>COMO ENGADIR UNHA EMISORA</dt><dd>Hai tres xeitos de engadir unha emisora de radio a Transistor: Usar a Busca, engadir un enderezo tipo lista de reprodución (M3U, PLS), escribir un enderezo directo.</dd><dt>DE ONDE PROCEDEN OS RESULTADOS DA BUSCA?</dt><dd>Transistor busca na base de datos de radio-browser.info. Podes axudar á comunidade de radio-browser.info engadindo as emisoras que faltan (http://www.radio-browser.info/gui/#!/add) á súa base de datos.</dd><dt>COMO PODO XESTIONAR A LISTA DE EMISORAS?</dt><dd>Usar o xestor de desprazar para eliminar unha emisora da lista. Nos Axustes podes activar máis opcións de edición. Se os activas, toca e mantén unha emisora de radio para editar o seu nome, imaxe ou ligazón do fluxo.</dd></dl>
