TrackerControl permite aos usuarios monitorizar e controlar a recolección de datos xeneralizada, continua e oculta nas apps do móbil sobor do comportamento do usuario ("rastreo" ou "tracking").

Para a detección do rastreo, TrackerControl combina a potente lista de bloqueo de Disconnect, usada por Firefox, e unha lista de bloqueo propia, creada a partires do análise de ¡<i>~2 000 000</i> de apps! A maiores, TrackerControl soporta listas de bloqueo personalizadas.

Esta aproximación

- revela as compañías detrás do rastreo
- permite o bloqueo selectivo do rastreo, e
- amosa o motivo do rastreo, por exemplo análise estadístico ou anuncios.

Esta app tamén tenta educar sobor dos teus dereitos baixo as Leis de Protección de datos, como o Rexistro Xeral de de Protección de Datos da UE (RXPD).

Internamente, TrackerControl usa a funcionalidade VPN de Android para analizar as comunicacións de rede das aplicación <i>de xeito local no dispositivo Android</i>. Isto faise a través dun serviddor VPN local, para habilitar o análise do tráfico da rede por TrackerControl.

Non se require "root". outras VPNs ou DNS Privadas nos están soportadas. ¡Non se usa un servidor VPN externo para manter os teus datos seguros! TrackerControl incluso protexe contra <i>DNS cloaking</i>, unha popular técnica para agochar rastrexadores en páxinas web e aplicacións.

TrackerControl será sempre libre e de código aberto, xa que ven sendo un proxecto de investigación.

