Un cliente Jabber/XMPP para android fácil de usar, fiable e con baixo consumo de batería. Con soporte para imaxes, conversas en grupo, e compartir a localización. Con cifraxe de extremo-a-extremo activado por defecto. Conéctase a todos os servidores modernos de Jabber, XMPP e Snikket.

<b>Características</b>
* Cifraxe extremo-a-extremo,  con OMEMO ou OpenPGP
* Enviar e recibir imaxes e outros tipos de ficheiros
* Chamadas de audio e vídeo cifradas (DTLS-SRTP)
* Detección avanzada de máquina interposta na ligazón de canles (require activación)
* Compartir a localización
* Enviar mensaxes de voz
* Reaccións con emojis
* Resgardos de lectura das mensaxes
* Interface intuitiva que segue as directivas de deseño Android (Material Design 3 con Cores Dinámicas)
* Imaxes dos contactos en alta resolución (avatares)
* Sincronización con clientes de escritorio (Gajim e Dino)
* Conversas en grupo privadas e salas públicas (compatibilidade con marcadores)
* Moderación das mensaxes pola administración en salas públicas
* Integración coa libreta de enderezos do sistema
* Permite múltiples contas (con lista de conversas unificada)
* Entrega de notificacións tipo push a outras apps compatibles como Tusky, Ltt.rs, DAVx⁵ e Fennec usando UnifiedPush
* Moi baixo consumo de batería

<i><b>Nota:</b></i> Algunha das características superiores require que o servidor sexa compatible con elas. Vai aos detalles da conta e marca 'Info do Servidor' no menú superior para ver se o servidor ten todos os compoñentes necesarios.

<b>Principios do deseño</b>
* Ser tan fermosa e fácil de usar como sexa posible sen sacrificar a seguridade ou privacidade
* Depender de protocolos actuais e ben establecidos
* Non requerir unha conta de Google, en concreto usar Firebase Cloud Messaging (FCM)
* Requerir o menor número de permisos que sexa posible
