QuickWeather é realmente rápido. Simplemente abre a aplicación e mira o tempo inmediatamente. Non hai pantalla de carga nin tempo de espera. O tempo é mostrado sen lixo extra, simplemente información limpa e clara.

Podes engadir tantas localizacións ao caixón lateral coma queiras para ter o seu tempo a un toque de distancia. QuickWeather pode incluso determinar a túa localización actual se o permites (a información de localización non é recollida).

QuickWeather será Sempre De Balde (sen IAPs nin Publicidade) e Sempre de Código Aberto.

Isto é o que obtés

Radar a Pantalla Completa

Tempo Actual, Temperatura, Sensación Térmica, Precipitación, Velocidade do Vento, Humidade, Presión, Punto de Orballo, Visibilidade

Gráfico de Temperatura e Precipitacións Actuais e Prognosticadas

Notificación de Tempo Actual

Notificacións de Alertas Meteorolóxicas

Temperatura e Precipitacións cada Hora (48 horas)

Temperatura e Precipitacións Cada 3 Horas (5 días)

Prognóstico Diario do Tempo e Temperaturas Máxima e Mínima (7 días)

Índice UV Diario

QuickWeather funciona grazas a OpenWeatherMap.org ou Open-Meteo.

Cando se usa OpenWeatherMap, QuickWeather require unha Chave API activa cunha subscrición "One Call by Call" á API "One Call 3.0" para funcionar. Se non tes unha, podes rexistrarte para obter unha Chave API gratis aquí.

Cando se usa Open-Meteo, QuickWeather non precisa dunha Chave API .

Permisos Requiridos

Internet - Necesario para conectarse a Internet e descargar información do tempo

Permisos Opcionais

Localización - Necesario para recuperar a localización actual, cando se solicite

Localización en Segundo Plano - Necesario para recuperar para recuperar a localización actual para notificacións e alertas meteorolóxicas, cando se solicite

Recibir Arranque Completado - Necesario para reprogramar o servizo de notificación con cada arrinque