Un rexistrador GPS lixeiro cun uso eficiente da batería. O obxectivo desta aplicación é rexistrar as súas coordenadas GPS a intervalos especificados nun ficheiro da súa tarxeta SD. Esta aplicación execútase en segundo plano para que poida facer unha camiñada, correr, voar, facer unha sesión fotográfica ou incluso ir mercar un pouco de leite e tela en funcionamento o maior tempo posíbel. Unha vez que estea de volta no computador, pode usar os ficheiros para xeoetiquetar fotos, enviar a webs de viaxes, ver en Google Earth, etc.

Para obter máis información, consulte https://gpslogger.app

Nota: Lembre Permitir sempre para esta aplicación nos axustes do seu S.O., para permitir que rexistre localizacións en segundo plano.

Características

Pódeo rexistrar en formatos GPX, KML, CSV, NMEA e CSV. Tamén pode facelo nun URL personalizado ou só na pantalla.

Rexistra puntos GPX como trazados e segmentos de trazado

Rexistra tamén velocidade, dirección e altitude se está dispoñíbel

Engada unha descrición a un punto usando o menú de anotacións, engádese como punto de paso

Configurar intervalos de tempo entre puntos

Configurar un filtro de distancia mínima entre puntos ou un filtro de precisión

Icona de notificación con coordenadas e accións rápidas

Usa torres móbiles para a localización cando o GPS está desactivado

Pode escoller selectivamente os provedores de rede, gps e localización pasiva

Enviar automaticamente a intervalos estabelecidos a destinos como correo-e, FTP, Dropbox, OpenStreetMap, Google Drive, URL personalizado.

Compartir a posición ou ficheiros de rexistro a través de SMS/correo-e (e outras aplicacións como Facebook ou X, dependendo do que teña instalado)

Iniciar o rexistro no arranque do teléfono

Invocar operacións desde Tasker ou outras aplicacións de automatización.

Pode indicar un ficheiro predefinido cos seus propios valores para a distribución

Pode ter varios perfís con diferentes configuracións

Erros, solicitudes de funcións, preguntas. Envíenolos a github.com/mendhak/gpslogger (seguidor de incidencias).

Notas

Esta aplicación só utiliza unha conexión de datos se utiliza funcións de envío automático ou funcións de URL personalizados

Aínda que a aplicación permite frecuencias de 0 segundos, non se recomenda xa que a gravación e o rexistro están a suceder moi rápido; isto pode causar inestabilidade/quebras. Probe con 1-3 segundos.

Explicación dos permisos

Almacenamento: lendo e escribindo ficheiros no cartafol GPSLogger da súa tarxeta SD

Comunicación de rede: úsase no envío de ficheiros (Dropbox, Openstreetmap), no envío de correos-e ou para autorización con Dropbox ou Openstreetmap

A localización: úsase para determinar a súa localización baseada no GPS ou na torre

Ferramentas do sistema (iniciar o rexistro ao arrancar): úsase se escolle iniciar GPSLogger no arranque do teléfono

Permisos de almacenamento compartido: en Android 11, úsanse para permitir escribir ficheiros en rutas de ficheiros personalizadas