Libre Camera é unha app de cámara de código aberto e libre para facer fotos e gravar vídeos, escrita en Flutter e Dart.

Se precisas unha cámara de código aberto con múltiples características, esta podería valerche. Ten luz flash, controis para enfocar e expoñer e podes cambiar o decorado, o idioma así como o nivel de compresión - esta app pode ser do teu interese. Se non fose así, podes abrir un issue en <a href="https://github.com/iakdis/librecamera">GitHub</a> e solicitar unha nova función. Aquí embaixo tes unha lista das súas características, con moitas máis en camiño!

<b>Características</b>
    * Facer fotos e gravar vídeos coas cámaras anterior e posterior
    * Privacidade: Non garda datos EXIF por defecto ao facer fotos (configurable nos axustes) - sen publicidade, rastrexo ou permisos innecesarios
    * Decorados: Material Design con decorados claro, escuro e seguir ao sistema
    * Múltiples idiomas - Contribúe traducindoa ao teu idioma!
    * Zoom: zoom con dous dedos ou cunha barra opcional
    * Temporizador/Retardo: establece un temporizador para facer a foto e prepárate para ela
    * Modos de Flash: Acendido ao facer foto, Apagado, Automático e Sempre acendido
    * Enfoque: Automático, Bloqueado e Manual cun toque na pantalla
    * Exposición: Automática, Bloqueada e Manual cunha barra opcional na pantalla
    * Compresión da imaxe: Configurable nos Axustes
    * Formatos: Elixe entre tres opcións (JPEG, PNG e WebP)
    * Resolucións: cambia entre as diferentes resolucións da cámara
    * Almacenaxe: elixe onde queres gardar as túas fotografías
    * Tamaño reducido, só uns 21MB
    * Personalizable: Abre os Axustes e personaliza a app ao teu gusto!
    
<b>Contacto</b>
Vai ao repositorio GitHub, que inclúe a Planificación: <a href="https://github.com/iakdis/librecamera">https://github.com/iakdis/librecamera</a>

Se atopas un fallo o queres facer unha petición dunha nova característica, podes facelo nun issue en GitHub: <a href="https://github.com/iakdis/librecamera/issues">https://github.com/iakdis/librecamera/issues</a>
