Fai que a batería do teu móbil ou tableta dure máis!

Un rango de carga axeitado para as baterías de Li-ion está entre o 40 e o 80 por cento nunha única carga. Varias pequenas cargas ao longo do día é a segunda mellor opción, e ir de cero a cen e viceverse de xeito regular porá maior estrés na túa batería de ión-litio.

Carga Saudábel de Batería notifícache cando conectar ou desconectar o dispositivo do cargador para mellorar a vida útil da batería. A aplicación en si mesma está optimizada para que consuma moi pouca batería, funciona en segundo plano e comproba a carga cada 15 minutos. O momento exacto depende do sistema operativo Android, podendo realizarse xunto a outras tarefas ou retrasarse se está en modo de agarda. Por isto, no momento da notificación, poderían mostrarse valores de carga lixeiramente superiores ou inferiores aos establecidos.

Se queres coñecer máis detalles técnicos sobre as baterías de Li-ion:
https://batteryuniversity.com/learn/article/how_to_prolong_lithium_based_batteries
