Unha vez configurado UntrackMe abrirá as ligazóns a Twitter, YouTube e Instagram transformándoas a ligazóns a Nitter, Invidious e Bibliogram e enviando a solicitude a outra app.

Tamén soporta Google Maps transformando as ligazóns a OpenStreetMap ou Geo URI.

A app detectará URLs acurtados e mostrará a ligazón completa antes de ir ó sitio.

**Versión Lite:

- Ó compartir unha ligazón de Twitter, YouTube ou Google Maps escolle UntrackMe para transformala antes de compartila noutra app.

**Versión Completa:

- Contén todas as características da Lite e tamén modifica as ligazóns eliminando tódolos parámetros de rastrexo. Utiliza o seu propio selector de apps que mostra o URL antes de visitalo.


Que é Nitter:

Unha alternativa libre e de código aberto á interface de Twitter centrada na privacidade.
Proxecto en Github: https://github.com/zedeus/nitter


Que é Invidious:

Unha interface alternativa libre e de código aberto a YouTube
Proxecto en Github: https://github.com/omarroth/invidious


Que é Bibliogram:

Unha interface alternativa para Instagram libre e de código aberto
Proxecto en Github: https://github.com/cloudrac3r/bibliogram