Unha vez que UntrackMe se configura transformará as ligazóns a Twitter, Youtube e Instagram en ligazóns a Nitter, Invidious e Bibliogram que abrirá noutra app.

Tamén soporta ligazóns a Google Maps que transformarán en ligazóns a OpenStreetMap ou Geo URI.

A app detectará URL acurtados e mostrará o URL completo antes de visitar o sitio.

**Versión Lite:

- Ó compartir unha ligazón a Twitter, YouTube ou Google Maps escolle UntrackMe para transformala antes de compartila noutra app.

**Versión Completa:

- Contén características da versión Lite e tamén xestiona as ligazóns retirando parámetros de seguimento e rastrexo. Utiliza o seu propio selector de apps para mostrar URLs antes de visitalos.


Que é Nitter:

Unha interface alternativa para Twitter libre e de código aberto centrada na privacidade.
Github do proxecto: https://github.com/zedeus/nitter


Que é Invidious:

Unha interface alternativa para YouTube libre e de código aberto
Github do proxecto: https://github.com/omarroth/invidious


Que é Bibliogram:

Unha interface alternativa para Instagram libre e de código aberto
Github do proxecto: https://github.com/cloudrac3r/bibliogram